200 contigo

200 contigo

viernes, 27 de febrero de 2015

Proxecto Bicentenario Infantil.

En infantil realizamos o proxecto partindo da vida de Don Bosco dividida en septenios. En cada septenio escollemos as partes da súa vida e obra que nos pareceron máis interesantes e doadas de entender por parte dos nenos. Todo acompañado sempre de moitísimo apoio dixital (incluídas as películas elaboradas polos demais niveis do
colexio) e material diverso aportado polas familias.

sábado, 14 de febrero de 2015

Entroido

En infantil disfrazámonos de Don Boscos e Mamás Margaridas cos disfraces que elaboraron as familias no obradoiro.







2º Obradoiro coas familias de infantil.

As familias viñeron ao colexio a decorar o patio coas dúas casas máis importantes na vida de Don Bosco. A casa da súa infancia e o oratorio Pinardi por mor do bicentenario e como unha forma máis de colaborar nas actividades do  Bicentenario.













lunes, 2 de febrero de 2015

Gravación das músicas dos cortos

O mesmo día de Santa Cecilia, algúns nenos de Primaria gravaron as melodías que servirían despois de "banda sonora" dos cortos en stop motion: