200 contigo

200 contigo

viernes, 27 de febrero de 2015

Proxecto Bicentenario Infantil.

En infantil realizamos o proxecto partindo da vida de Don Bosco dividida en septenios. En cada septenio escollemos as partes da súa vida e obra que nos pareceron máis interesantes e doadas de entender por parte dos nenos. Todo acompañado sempre de moitísimo apoio dixital (incluídas as películas elaboradas polos demais niveis do
colexio) e material diverso aportado polas familias.

SEPTENIOS NA VIDA DE DON BOSCO


1º SEPTENIO (1815-1822)
-ITALIA PAÍS DE NACEMENTO DE DON BOSCO
O Piamonte: Becchi-Chieri-Valdocco
-A FAMILIA DE DON BOSCO
Avoa Marianna, Pai Francisco, Mamá Margarita, irmáns Antonio e José



2º SEPTENIO (1823-1830)

-O SOÑO DOS NOVE ANOS
Nestes mesmos anos da súa infancia tivo un soño que lle quedou gravado para toda a súa vida. Parecía atoparme ante un grupo de raparigos que se divertían. Uns rían, outros xogaban, moitos blasfemaban (dicían insultos contra Deus e os santos). Isto levoume a anoxarme e lanceime con berros e golpes para facelos calar.

-ENCONTRO CON DON CALOSSO:

En novembro de 1829 o Capelán Juan Caloso observou con suma atención ao mociño Juan Bosco que asistía con moita devoción ás celebracións do ano xubilar. Preguntoulle si entendía os sermóns. Juan Bosco repetiulle de memoria todos os sermóns. Invitouno a progresar nos seus estudos de latín. Don Caloso animáballe a Juanito para que se confesase e recibise a Eucaristía. El  mesmo escribirá máis tarde; “Nesta época comecei a gustar o que era a vida espiritual”. Pero, ao pouco tempo don Caloso moreu por un derrame cerebral e Juanito perde ao seu primeiro e gran amigo.



3º SEPTENIO (1831-1838)

-FUNDACIÓN DA “SOCIEDADE DA ALEGRÍA”:
A comezos do ano 1831 Juan Bosco empezou a asistir á Escola Parroquial de Castelnuovo para terminar os seus estudos básicos.
O 3 de novembro de 1831 Juan Bosco entrou na Escola Secundaria de Chieri a tan só uns 10 Km de Turín. Debido á súa idade e intelixencia logrou facer 3 cursos nun ano e foi sempre o primeiro entre os seus compañeiros.
Estando en Chieri hospedábase na casa de Lucía Matta. Margarita pagáballe con produtos do campo e Juan debía realizar oficios domésticos para pagar o resto da pensión.
Durante a súa permanencia en Chieri, Juan Bosco creou a “Sociedade da Alegría”, un grupo xuvenil con raparigos da zona a fin de sacalos da mala vida da rúa e facelos máis bos.

-DON CAFASSO:
O seu amigo convértese no seu benefactor, pagándolle os estudos.



4º SEPTENIO (1839-1846)

-ORDENACIÓN SACERDOTAL
O 29 de marzo de 1841 Juan recibía o Diaconado e o 26 de maio empezaba os seus Exercicios Espirituais preparándose para a súa  ordenación sacerdotal.
Juan Bosco foi ordenado sacerdote polo seu Arzobispo Mons. Luís Franzoni, o 5 de xuño de 1841, na igrexa da Inmaculada Concepción de Turín. Ao día seguinte, festa da Santísima Trinidade celebrou a súa primeira misa no altar do Anxo.
O luns 7, celebrou a segunda misa en Turín; o martes 8 a terceira misa en Chieri e o xoves 10 celebrou a misa en Castelnuovo. 

-ENCONTRO CON BARTOLOMÉ GARELLI
O 8 de decembro de 1841, encontro con Bartolomé Garelli. A partir deste encontro Don Bosco empezou a catequese e así foi como comezaron a formarse os primeiros oratorios.

-FUNDACIÓN DE ORATORIOS EN TURÍN
O ano 1846 Don Bosco asistiu á execución dun condenado á forca. Don Bosco perdooulle os pecados nunha confesión e deulle a comuñón. No momento da execución Don Bosco perdeu o coñecemento e desfaleceu. Seguindo o consello de Don Cafasso nunca máis asistiu a unha horrible execución dun condenado ao patíbulo.
Logo deste triste acontecemento,  Don Bosco adicouse  de xeito total a formar Oratorios en Turín para educar á mocidade perdida. En 1850 xa había uns 15 destes oratorios fundados por San Felipe Neri. 

-O ORATORIO NO COBERTIZO PINARDI
Por fin, en marzo de 1846 achegóuselle un tal Pancracio Soave e ofreceulle un cobertizo que pertencía a Don Francisco Pinardi e alí quedou para establecer o seu oratorio. O 
teólogo Borel asinou un contrato a pagar todos os anos 300 liras ao propietario Sr. Pinardi. A casa tiña unha sala grande para unha Capela e dúas salas menores: unha para a sancristía e a outra para almacen de materiais varios. O 12 de abril- festa de Pascua- inaugúrase este oratorio que se chamou “Oratorio San Fco de Sales”.

-DON BOSCO ENFERMA
Nos primeiros días de xullo de 1846 Don Bosco enferma  moi gravemente. Recibiu o Viático e a unción dos enfermos. Dicíase “Don Bosco more”. Os mozos choraron primeiro e logo rezaron moito para que recuperase a súa saúde. Fixeron algunhas promesas e algúns sacrificios. Logo dun tempo en repouso Don Bosco recupera a súa saúde e os seus mozos festéxano ao grande no oratorio. Na capela, Don Bosco agradécelle a Deus a recuperación da súa saúde e poder así continuar cos seus raparigos.



5º SEPTENIO (1847-1854)

-FUNDACIÓN DOS TALLERES
Entre 1853 e 1862 fundáronse os talleres de formación profesional para os raparigos en Valdocco.

-ENCONTRO CON DOMINGO SAVIO
O 2 de outubro de 1854. Pola mañá cedo Don Bosco atopábase na casa do seu irmán José en I Becchi cando viu un mozo de 12 anos acompañado polo seu pai para pedirlle si o aceptaban no Oratorio. Cando Domingo Savio chega ao Oratorio era outubro de 1854, os alumnos internos eran 115 entre artesáns e estudantes.

6º SEPTENIO (1855-1862)

-MORTE DE MAMÁ MARGARITA
O 15 de novembro de 1856 Mamá Margarita caeu enferma afectada por unha violenta pulmonía. Estivo xunto ao seu fillo Juan Bosco no oratorio e chegou así ser a nai de tantos mozos pobres necesitados de todo. Ela cociñaba, lavaba, zurcía a roupa, atendía un horto para colleitar algo de verdura e era como “a dona” da casa.
O 23 de novembro ás 3 da mañá Mamá Margarita morre. 

- O NACEMENTO DA CONGREGACIÓN SALESIANA:

O 9 de decembro de 1859 Don Bosco reuniu a 9 mozos do Oratorio e propúxolles formar a “Pia Sociedade de San Francisco de Sales” para a educación dos mozos.
Logo formouse un consello ou “Capítulo superior”  cuxo superior foi o mesmo Don Bosco. Miguel Rúa foi elixido como Director Espiritual, o clérigo Anxo Savio como ecónomo e como conselleiros foron elixidos: Juan Cagliero, Juan Bonetti e Carlos Ghivarello. O 4 de maio os primeiros 22 socios- invitados por don Bosco- prometeron a Deus observar as Regras facendo os votos de “pobreza, castidade e obediencia”.

-DON BOSCO LEVANTA UN SANTUARIO 

O 8 de decembro de 1862 Don Bosco dille a Don Juan Cagliero: "Antes era a Inmaculada, agora é a Auxiliadora. Os tempos son difíciles que a Virxe quere que a honremos baixo o nome “Auxiliadora dos cristiáns”. O 28 do mesmo mes Don Bosco comunica a Don Pablo Albera a noticia da construción dun gran templo adicado a María Auxilio dos cristiáns.

7º SEPTENIO (1863-1870)

-APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONGREGACIÓN SALESIANA

O 15 de xaneiro de 1869 Don Bosco estaba en Roma moi decidido a resolver o asunto.
Por fin, e logo de dúas longas audiencias que tivo don Bosco co Papa, o 1 de marzo de 1869 deuse por aprobada a “Sociedade de San Francisco de Sales”. O Reitor Maior dos salesianos tiña a autorización de presentar para as ordenacións aos seminaristas que entrasen ás casas salesianas antes dos 14 anos. En cambio, deixouse para despois a aprobación das Regras ou Constitucións.



8º SEPTENIO (1871-1878)

-FUNDACIÓN DAS FILLAS DE Mª AUXILIADORA:
As Fillas de María Inmaculada, en 1872.
-OS COOPERADORES SALESIANOS
O papa Pío IX aprobou o regulamento dos Cooperadores Salesianos o 9 de maio de 1876.
-O BOLETIN SALESIANO
A revista mensual para unir aos cooperadores entre si e coa Congregación Salesiana foi sen dúbida o “Boletín Salesiano” aparecido en 1877.

9º SEPTENIO (1879-1886)
-DON BOSCO POLO MUNDO. MISIÓNS SALESIANAS
Representantes dos salesianos realizaron varias viaxes a Francia, onde os salesianos non terminaban de callar por diferentes circunstancias ata o ano 1875 ano da 1ª fundación en Niza. Neste mesmo ano realízase a primeira expedición salesiana a América. En 1877 realízase a 3ª expedición salesiana e  a 1ª das fillas de María Auxiliadora a América, concretamente á Patagonia (Arxentina).
Neste Septenio os salesianos seguen co seu labor:
-1879- Os Salesianos fanse presentes na Patagonia.
-1881- Primeira visita salesiana a España.
-1883- Don Bosco visita Francia.
Primeira visita salesiana a Brasil
-1884- Primeira casa salesiana en España.
-1886- Don Bosco visita Barcelona.

Don Bosco:”Tira unha liña desde Pekín a Santiago, fai centro no corazón de África e terás unha idea exacta de canto deben facer os salesianos”
Soño de Don Bosco (Barcelona; 10 de Abril de 1886)

O labor misionero dos salesianos continúa logo da morte de Don Bosco e seguen levando o seu proxecto, axuda e escolas polo mundo:
-1889:Suiza, -1891:Israel, -1894:Vigo, -1910: Chinesa, -1911: Congo, -1922:Australia.

10º SEPTENIO (1887-1888) 

-MORTE DE DON BOSCO
Morreu o día 31 de xaneiro de 1888 aos 72 anos de idade, 5 meses e 15días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario